O Grupo Mare celebra 50 anos impulsando proxectos con impacto social, cultural e patrimonial

A 2026 marca un fito especial para o Grupo Mare, que celebra o seu 50 aniversario reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento económico, cultural e social de Galicia a través das súas diferentes iniciativas e sociedades: Kaleido Ideas & Logistics, Real Mosteiro de Oia e Fundación Bretal.

Cinco décadas despois das súas orixes, o grupo conmemora esta data non só como unha celebración da súa traxectoria empresarial, senón tamén como unha oportunidade para poñer en valor aqueles proxectos que xeran un impacto positivo na contorna e contribúen a preservar a identidade cultural do territorio.

👉 Accede aquí á páxina oficial do 50 aniversario.

O Real Mosteiro de Oia, protagonista da conmemoración

Dentro desta conmemoración, o Real Mosteiro de Oia terá un papel salientable como un dos grandes símbolos patrimoniais vinculados o grupo. O mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural hai 95 anos, continúa consolidándose como un espazo de referencia para a difusión do patrimonio, a cultura e a conexión entre historia e comunidade.

Ao longo deste ano desenvolverase un programa especial de actividades culturais e divulgativas ao redor do Mosteiro, con iniciativas abertas ao público que permitirán achegar a súa historia e valor patrimonial a visitantes, veciños e colaboradores. Entre elas destacan: a celebración do 95 aniversario da declaración BIC, as visitas guiadas estivais, encontros culturais e diferentes accións vinculadas á posta en valor do enclave.

Un modelo de desenvolvemento sostible vinculado a Galicia

A celebración do aniversario reflicte tamén unha visión compartida entre as entidades do Grupo Mare: impulsar proxectos sostibles, conectados co territorio e orientados a xerar valor a longo prazo.

“Cumprir 50 anos supón mirar o pasado con orgullo, pero sobre todo entender a responsabilidade que temos co futuro e coa contorna do que formamos parte”, sinalan desde o grupo.

Desde o ámbito empresarial, cultural e fundacional, o Grupo Mare desenvolveu durante estas décadas iniciativas ligadas á loxística internacional, a conservación patrimonial, a promoción cultural e o apoio a proxectos sociais e educativos.

O aniversario celebrarase durante todo 2026 con distintas actividades que combinarán patrimonio, cultura, deporte e comunidade, reforzando o vínculo histórico entre o grupo e Galicia.