Vasco Galega é un grupo empresarial galego con sede en Vigo. Está conformado por diferentes sociedades en catro continentes, máis de 250 traballadores de 11 nacionalidades, e destaca pola súa vertente social. Estas accións canalizadas a través da Fundación Bretal céntranse no apoio aos máis desfavorecidos e a promoción da cultura e o deporte. A construción dunha escola de primaria en Angola para máis de 300 nenos, o apoio a deportes minoritarios ou o proxecto de posta en valor do Mosteiro de Oia son algúns dos exemplos máis recentes.

Accede aquí á nosa memoria de sostibilidade para coñecer máis información sobre o Real Mosteiro de Oia.