VEN A DESFRUTAR DE CONCILIUM

O primeiro xogo en vivo nun mosteiro en Galicia

Unha das grandes novidades da programación do Mosteiro de Oia para o 2022, unha mestura de xogo de rol cluedo e escape room. Unha experiencia que non te deixará indiferente.

Coñecerás o edificio e a súa historia na pel dun personaxe de século XV, e percorrerás os recunchos do Mosteiro seguindo pistas. Un xogo de estratexia e por equipos que te poñerá a proba, e que terá lugar os días:

16 abril, 21 de maio, 4 e 25 de xuño, 9 e 23 de xullo e 3 e 17 de setembro

En horario de 11.00 a 14:00h.

A actividade inclúe o disfrace e un apertitivo.

As prazas son limitadas, reserva a túa aquí: https://www.fundacionbretal.com/producto/concilium-vive-la-historia/

Non o perdas!