UNHA VISITA MOI ESPECIAL: RECIBIMOS A IAN GIBSON NO MOSTEIRO DE OIA

O 17 de xullo recibimos unha visita moi especial no Mosteiro, a dun historiador referente no noso país: Ian Gibson, acompañado da súa muller Carole Elliot.

Sarah Barbará, responsable da Dinamización Cultural do Mosteiro, recibiu ao historiador e a súa muller, Carol, e xunto aos historiadores Suso Vila e Javier Goberna, percorreron o mosteiro para terminar visitando a exposición “Os presos do Mosteiro: memorias da Guerra Civil española”. Unha visita que o propio historiador definiu como “emocionante”, e que levaba tempo con ganas de visitar.

Os grafitos do mosteiro de Oia constitúen un documento de primeiro nivel para o estudo dos campos de concentración do franquismo e o proceso de restauración dos mesmos é, á súa vez, unha actuación referente no noso país pola recuperación da Memoria Histórica desde a esfera privada. No ano 2019 a propiedade do Real Mosteiro de Oia decidiu, no marco das intervencións que levan realizando no monumento desde a súa adquisición, recuperar e restaurar uns escritos que levaban 80 anos gravados nas paredes do piso superior do mosteiro. Toda esta actuación contóuselle con detalle a Ian Gibson o cal deu os seus parabéns ao traballo realizado.

A exposición, deseñada polo estudo de arquitectura Rodríguez + Pintos, recibiu ademais o premio Gran de Area de Achega á Arquitectura no ano 2021.

Sarah Barbará: “Foi un verdadeiro pracer acompañar a Ian e compartir con él a historia do Mosteiro, o proceso de recuperación e as vivencias persoais que hai en cada un deses grafitos”

Máis información aquí:

Ian Gibson: «Estoy sobrecogido tras visitar el monasterio de Oia» https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2023/07/19/ian-gibson-sobrecogido-tras-visitar-monasterio-oiaencuentran-paradanta-insecto-infectado-flavescencia-dorada/0003_202307V19C4991.htm?utm_source=email&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=0003_202307V19C4991