O Proxecto
Que ocorreu ata o de agora?
UN PERÍODO DE MOITOS ESFORZOS E POUCOS AVANCES CARGADO DE APROBACIÓNS TÉCNICAS E BLOQUEOS POLÍTICOS

2004
Novembro. Vasco Gallega adquire o mosteiro por 2,4 millóns de €

2004
Vascogallega adquire o mosteiro nun estado de urxente necesidade de reparación e mantemento

2005-2006
Acométense os primeiros traballos de desescombro, reposición de cubertas caídas e apuntalamento de fachadas.

2009
Segunda intervención nas cubertas

2010
Reposición da parede perimetral

2016
Traballos de reposición para o tellado e muro cara ao sur

2017
Muro de contención que enfronta o mar

2018
Retirada da cuberta do Ala Norte colapsada

2019
Unha nova etapa. Reapertutra das visitas guiadas. Novos traballos de mantenemento.
Dinamización cultural e posta en valor da súa historia. 2005-2019
O proxecto
O noso proxecto baséase na sostibilidade: no equilibrio entre o máximo respecto ao patrimonio e a rendibilidade económica. Entre a dinamización social e cultural e a posta en valor dun activo único.
Desde o inicio, tanto as autoridades como a propiedade tiñan claro que o marco urbanístico actual non permitía a viabilidade económica da rehabilitación do Mosteiro como negocio hostaleiro, xa que non é posible rendibilizar así o forte investimento necesario nos 7.500 m2 do BIC e os 57.000 m2 de terreos,
Por iso, en 2004, acordouse coas Administracións local e autonómica que o proxecto de RMO encaixaríase dentro do novo Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) de próxima aprobación, ao resultar imposible encaixar o desenvolvemento proposto nun plan urbanístico obsoleto creado en 1996.
Este PXOM permitiría ofrecer ata 72 habitacións para uso hostaleiro, e a construción de 20 edificacións na zona da Rifa cuxa tipoloxía e altura adáptase obrigatoriamente á xa existente nas edificacións lindeiras: hotel, centro de saúde, gardería e vivendas.
O proxecto proposto pola propiedade.
1. Corredor verde ao longo do río Lavandeira, de uso público e vertebrador da contorna. Facilita a visión do Mosteiro.
2. Peche do patio das Laranxeiras como estaba previsto polos monxes para lograr de 38 a 72 habitacións.
3. Zona de vivendas no perímetro norte dos 57.000 m2 de propiedade lindeira coas vivendas existentes, con autorización preliminar da Administración autonómica.

Durante os anos seguintes evidenciouse que finalmente a opción do PXOM non era viable, e por iso en 2011 asínase un Convenio Urbanístico co Concello que definirá o proceso para seguir para dar encaixe urbanístico ao proxecto do Mosteiro. Este documento, con total validez legal e amparado polos servizos técnicos do Concello, é aprobado polo Pleno Municipal.
A pesar deste importante avance o proxecto atópase paralizado dende 2015, aínda contando cos informes preliminares favorables da Xunta de Galicia.

Desbloquear esta situación significaría, non só a rehabilitación integral do mosteiro dotándoo de vida, senón tamén un corredor verde para goce de veciños e visitantes ao longo do río Lavandeira, terreos cedidos por parte da propiedade ao Concello para uso municipal, e en definitiva, a integración tras máis de 800 anos do mosteiro no municipio, logrando algo histórico.
Se queres saber máis, non dubides en poñerche en contacto connosco.
Se queres achegar ideas, coñecemento ou historias ao redor deste lugar único, conta connosco.
Correo electrónico de contacto: info@mosteirodeoia.com