Verán 2026

Visitas guiadas ao Mosteiro de Oia

Mergúllate na súa historia e explora un enclave único onde o pasado e a arqueoloxía atópanse.
Verán 2026

Descobre o legado do Mosteiro de Oia

Este verán, coñece un lugar único onde a historia e a ciencia únense para revelarche os misterios dun monumento en transformación.

Real Mosteiro de Oia

O verán que merece
ser vivido

Do 1 de xullo ao 31 de agosto

Mosteiro de oia: descobre a maxia de Oia

Un ano máis o Real Mosteiro de Oia abre ao público cunha visita chea de novidades. Un novo percorrido, novos espazos e novos datos que seguirán guindando luz sobre un dos monumentos máis icónicos de Galicia.

Diferentes quendas

  • Visitas de balde cada martes

10:00h | 11:00h | 12:00h | 13:00h

Visitas NON guiadasvisita acompañada, con acceso limitado

  • Visitas guiadas de mércores a domingo

11:00h | 13:00h | 16:30h | 18:30h

Tarifa xeral: 9€ 

Tarifa reducida: 6€ – Familia numerosa, maiores 65, desempregados, nenos desde vos 7 aos 14 anos e diversos funcionais. Requirirase acreditación. 

Menores de 7 anos entrada de balde. Requirirase acreditación. 

Lembra: o Mosteiro nun espazo en vías de restauración, actualmente en estado de ruína consolidada. Ven con roupa e calzado cómodo, preparado para explorar os diferentes espazos do cenobio e os seus xardíns.

As visitas non están recomendadas para cadeiras infantís nin para persoas con mobilidade reducida.

Levamos moito tempo traballando para recuperar o Mosteiro mentres, desde a Fundación Bretal, seguimos dinamizando culturalmente o edificio a través dunha a actividade cultural adaptada cada ano ao estado do monumento e ás intervencións que se van acometendo. Por iso, cada ano a visita é diferente! Esperámoste!

*A visita guiada inclúe unicamente a visita ao mosteiro; non inclúe a visita á igrexa.

Real Mosteiro de Oia

Totebags

Imáns

Cuncas

Libro Mosteiro de Oia

Libros