Verán 2025

Visitas guiadas ao Mosteiro de Oia

Mergúllate na súa historia e explora un enclave único onde o pasado e a arqueoloxía atópanse.
Un verán entre historia e arqueoloxía

Descobre o legado do Mosteiro de Oia

Este verán, coñece un lugar único onde a historia e a ciencia únense para revelarche os misterios dun monumento en transformación.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto

Mosteiro de oia: un verán para redescubrir

Visitas guiadas

Descobre o Mosteiro de Oia e o seu xacemento arqueolóxico. Este verán, convidámosche a coñecer a historia deste lugar único a través dun percorrido ameno que combina a esencia do mosteiro coas pinceladas das investigacións en curso. Unha experiencia pensada para todos os públicos que conecta pasado e presente nunha contorna privilexiada fronte ao Atlántico.

Diferentes quendas

  • Visitas de balde cada martes

Visitas non guiadasvisita acompañada, con acceso limitado

  • Visitas guiadas de mércores a domingo

Tarifa xeral: 9€ 

Tarifa reducida: 6€ – Familia numerosa, maiores 65, desempregados, nenos desde os 7 a os 14 anos e diversos funcionais. 

Menores de 7 anos entrada de balde. 


*Debido ás condicións do edificio, que se atopa en proceso de restauración, as visitas non son recomendadas para cadeiras infantís nin para persoas con mobilidade reducida.

Real Mosteiro de Oia

Totebags

Imáns

Cuncas

Libro Mosteiro de Oia

Libros