O Mosteiro de Oia pode visitarse actualmente mediante reserva previa para grupos, ofrecendo unha experiencia única nun entorno privilexiado fronte ao mar.
Se queres descubrir a historia e os segredos deste enclave singular, podes organizar unha visita privada co teu grupo.

Solicita información e reserva a través do mail: visitas@fundacionbretal.com

Como funcionan as visitas en grupo

As visitas organízanse de maneira personalizada para cada grupo, adaptándose ás súas necesidades sempre que sexa posible, e poden desenvolverse en castelán, galego, inglés, francés, italiano e portugués.

Para coñecer dispoñibilidade, condicións e tarifas, é necesario contactar previamente por correo electrónico.

Información importante antes da visita

  • Duración da visita: 1 hora e media aproximadamente.
  • Recoméndase acudir con roupa e calzado cómodo.
  • Debido ás características do espazo, visita non está recomendada para cadeiras infantís nin para persoas con mobilidade reducida.
  • É imprescindible realizar reserva previa e obter a confirmación da mesma.
  • Rógase puntualidade. Se o grupo tarda máis de 30 minutos en presentarse á visita, esta quedará cancelada.

Unha experiencia única

Visitar o Mosteiro de Oia é adentrarse en séculos de historia nun dos poucos mosteiros cistercienses situados á beira do mar en Europa. Un lugar cargado de memoria, patrimonio e paisaxe.

¡Esperámosvos!