Celebra o día das letras galegas no Mosteiro

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e, sobre todo, destacado etnógrafo. Para conmemoralo, dende o Mosteiro de Oia, daremos a coñecer da man dalgúns veciños e veciñas  as apaixonantes historias e lendas de Oia.

É preciso reservar praza, posto que o aforo é limitado: na Oficina de Turismo de Oia ou escribindo un e-mail a info@mosteirodeoia.com indicando nome, apelidos e teléfono.

A entrada terá un custe de 3 euros por persoa.

Esperámoste para pasar unha agradable velada no Mosteiro.