O mosteiro de Oia na Ruta do Císter de Galicia

O mosteiro de Oia forma parte da Ruta do Císter de Galicia promocionada pola asociación ACIGAL (Asociación de Mosteiros do Císter de Galicia) que nace en 2015 coa finalidade de vertebrar e coordinar as accións necesarias para a dinamización, promoción e posta en valor do abundante e destacado patrimonio cisterciense galego.

A guía, desenvolta por ACIGAL, atópase xa á venda nos mosteiros asociados, e pronto estará tamén dispoñible no mosteiro de Oia, ao prezo de 6 euros.