O Mosterio de Oia abre as súas portas no verán cunha nova proposta de visitas guiadas

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, o Mosteiro de Oia abre as súas portas para ofrecer unha experiencia única baixo o título “Mosteiro de Oia: un verán para redescubrir”. Un plan perfecto para todos os amantes do patrimonio, a historia e a arqueoloxía.

A piques de culminar a última intervención arqueolóxica, a Fundación Bretal, encargada da actividade cultural do mosteiro, convídache a percorrer a súa historia a través de visitas guiadas que inclúen os últimos achados arqueolóxicos deste impresionante xacemento. É unha oportunidade excepcional para ser testemuña de como a investigación desvela os segredos deste lugar milenario.

Estas visitas son unha mostra do compromiso da Fundación coa apertura ao público, mesmo mentres avanzan os preparativos para a gran obra de restauración do mosteiro.

Cando e como visitar o Mosteiro?

  • Os martes: é o día de acceso gratuíto, con visitas acompañadas (non guiadas) en quendas de 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00. Aínda que gratuítas, estas visitas tamén teñen aforo limitado, polo que se recomenda reservar con antelación.
  • De mércores a domingo: poderás gozar de visitas guiadas por expertos que che mergullarán na historia do mosteiro. As quendas dispoñibles son ás 11:30, 13:15, 16:30 e 18:15, con grupos reducidos para garantir unha experiencia enriquecedora.

Vive unha experiencia única

O Mosteiro de Oia non só é un monumento histórico espectacular xunto ao Atlántico; tamén é un xacemento arqueolóxico en proceso de estudo. Durante as visitas, poderás ser parte dunha conexión fascinante entre o pasado e o presente, con explicacións que dan vida a séculos de historia.

“O verán é o momento perfecto para gozar da historia en Oia. A nosa visita pode ser un complemento ideal a un roteiro pola comarca do Val Miñor e o Baixo Miño, xunto a outros tesouros como Baiona, Cabo Silleiro, o castro de Santa Trega ou os muíños do Folón e do Picón”, destacan desde a organización.

Reserva a túa plaza agora

Non perdas a oportunidade de descubrir un dos lugares máis emblemáticos da costa galega. Consulta os horarios e reserva xa a túa praza para vivir un verán inesquecible no Mosteiro de Oia.

RESERVAS AQUÍ: https://www.mosteirodeoia.com/gl/visitas-guiadas-veran-2025/