Explora diferentes estancias, pasea polos xardíns e descobre la historia e segredos del Mosteiro de Oia desde unha mirada renovada.
Unha experiencia única en Semana Santa
Do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril, o Real Mosteiro de Oia abre as súas portas para ofrecer aos visitantes unha experiencia diferente e enriquecedora. Esta Semana Santa, quen se achegue poderá descubrir recunchos pouco coñecidos, estancias interiores inéditas e curiosidades históricas que ata agora permanecían ocultas, sumándose á historia dun dos monumentos máis emblemáticos de Galicia.
As visitas están guiadas pola Fundación Bretal, que se encarga de combinar a conservación do patrimonio coa promoción cultural do Mosteiro. Durante o percorrido, os participantes recibirán explicacións detalladas sobre a arquitectura, a historia e a vida diaria no Mosteiro, facendo que cada visita sexa irrepetible e enriquecedora.
“É un momento ideal para achegarse ao Mosteiro e descubrir os seus recunchos máis secretos, gozando ao mesmo tempo da tranquilidade dos xardíns e do entorno”, destacan dende a organización.
Información práctica para visitantes
O Mosteiro atópase actualmente en estado de ruína consolidada e despois de diversos traballos arqueolóxicos, polo que se recomenda acudir con roupa e calzado cómodos, preparados para explorar con seguridade os distintos espazos e xardíns.
Horarios das visitas guiadas:
- De luns 30 de marzo a domingo 5 de abril: 11:30 | 16:30 | 18:30 h
Os grupos son reducidos para garantir un acompañamento personalizado, guiado por expertos que explicarán todos os detalles históricos e arquitectónicos do Mosteiro.
Non perdas esta oportunidade
Esta Semana Santa, vive unha experiencia única nun dos lugares máis emblemáticos da costa galega.
📌 Consulta dispoñibilidade e reserva xa a túa praza:
https://www.mosteirodeoia.com/gl/real-mosteiro-de-oia-actividades-semana-santa-2026/
A historia espérate!