Verán 2025

Visitas guiadas ao Mosteiro de Oia

Mergúllate na súa historia e explora un enclave único onde o pasado e a arqueoloxía atópanse.
Un verán entre historia e arqueoloxía

Descobre o legado do Mosteiro de Oia

Este verán, coñece un lugar único onde a historia e a ciencia únense para revelarche os misterios dun monumento en transformación.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto

Mosteiro de oia: un verán para redescubrir

Visitas guiadas

Descobre o Mosteiro de Oia e o seu xacemento arqueolóxico. Este verán, convidámosche a coñecer a historia deste lugar único a través dun percorrido ameno que combina a esencia do mosteiro coas pinceladas das investigacións en curso. Unha experiencia pensada para todos os públicos que conecta pasado e presente nunha contorna privilexiada fronte ao Atlántico.

Diferentes quendas

  • Visitas de balde cada martes

Visitas non guiadasvisita acompañada, con acceso limitado

  • Visitas guiadas de mércores a domingo

Tarifa xeral: 9€ 

Tarifa reducida: 6€ – Familia numerosa, maiores 65, desempregados, nenos desde os 7 a os 14 anos e diversos funcionais. Requirirase acreditación.

Menores de 7 anos entrada de balde. Requirirase acreditación.


*Debido ás condicións do edificio, que se atopa en proceso de restauración, as visitas non son recomendadas para cadeiras infantís nin para persoas con mobilidade reducida.

*A visita só inclúe o percorrido ao Mosteiro, non inclúe a visita á Igrexa.

Real Mosteiro de Oia

Totebags

Imáns

Cuncas

Libro Mosteiro de Oia

Libros