{"id":63010,"date":"2026-06-06T11:00:50","date_gmt":"2026-06-06T09:00:50","guid":{"rendered":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/?p=63010"},"modified":"2026-06-15T11:02:36","modified_gmt":"2026-06-15T09:02:36","slug":"o-real-mosteiro-de-oia-conmemora-o-95-aniversario-da-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural-e-presenta-a-sua-memoria-de-sostibilidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/o-real-mosteiro-de-oia-conmemora-o-95-aniversario-da-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural-e-presenta-a-sua-memoria-de-sostibilidade\/","title":{"rendered":"O Real Mosteiro de Oia conmemora o 95 aniversario da s\u00faa declaraci\u00f3n como Ben de Interese Cultural e presenta a s\u00faa Memoria de Sostibilidade"},"content":{"rendered":"\n<p>M\u00e1is de 80 persoas participaron nunha xornada que puxo en valor a historia, o patrimonio e o futuro do monumento.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1016\" height=\"770\" src=\"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/eee.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-63002\" srcset=\"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/eee.jpg 1016w, https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/eee-300x227.jpg 300w, https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/eee-768x582.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1016px) 100vw, 1016px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Na imaxe, de esquerda a dereita: Santiago Pintos, arquitecto director do proxecto de recuperaci\u00f3n do Mosteiro; Xo\u00e1n Mart\u00ednez, director do Mosteiro de Oia e presidente do Padroado da Fundaci\u00f3n Bretal; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; e \u00c1ngel Miramontes, director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O Real Mosteiro de Santa Mar\u00eda de Oia celebrou este s\u00e1bado unha xornada conmemorativa con motivo do <strong>95 aniversario da s\u00faa declaraci\u00f3n como Ben de Interese Cultural (BIC)<\/strong>, unha distinci\u00f3n outorgada mediante o Decreto do 3 de xu\u00f1o de 1931 e que hoxe equivale \u00e1 m\u00e1xima figura de protecci\u00f3n patrimonial.<\/p>\n\n\n\n<p>A actividade reuniu a m\u00e1is de 80 asistentes nunha cita aberta \u00e1 cidadan\u00eda que permitiu, por primeira vez e grazas ao acordo co obispado Tui-Vigo, percorrer e descubrir de forma conxunta alg\u00fans dos espazos m\u00e1is emblem\u00e1ticos do conxunto formado pola igrexa e o mosteiro, reforzando o v\u00ednculo entre o patrimonio e a sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p>A xornada comezou no embarcadoiro de Oia cunha benvida e unha contextualizaci\u00f3n hist\u00f3rica sobre a importancia desta conmemoraci\u00f3n. A continuaci\u00f3n, os participantes realizaron un percorrido guiado polo Arrabal, a Igrexa e o Mosteiro, profundando no valor hist\u00f3rico, art\u00edstico e cultural dun dos conxuntos patrimoniais m\u00e1is singulares de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>O programa inclu\u00edu ademais a actuaci\u00f3n da cantante, m\u00fasica e compositora galega Su Garrido Pombo, cuxa proposta art\u00edstica, profundamente vinculada \u00e1 memoria, as ra\u00edces e a tradici\u00f3n oral galega, achegou unha dimensi\u00f3n emocional \u00e1 celebraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto culminou na Praza de Armas cunha cerimonia institucional na que participaron Cristina Correa, alcaldesa do Concello de Oia; \u00c1ngel Miramontes, e Anxo Lorenzo, director xeral de Patrimonio Cultural e director xeral de Cultura respectivamente, da Xunta de Galicia; e Xo\u00e1n Mart\u00ednez, director do Mosteiro e Presidente do Padroado da Fundaci\u00f3n Bretal.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/95-BIC_3-2-1024x576.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-63005\" style=\"width:900px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/95-BIC_3-2-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/95-BIC_3-2-300x169.jpg 300w, https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/95-BIC_3-2-768x432.jpg 768w, https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/95-BIC_3-2.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Imaxes das visitas realizadas durante a xornada de celebraci\u00f3n do 95 aniversario BIC. <\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Un reco\u00f1ecemento hist\u00f3rico que cumpre 95 anos<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>A declaraci\u00f3n de 1931 supuxo un fito fundamental para a protecci\u00f3n do patrimonio cultural espa\u00f1ol. A trav\u00e9s daquel decreto, 789 bens pasaron a formar parte do patrimonio protexido do Estado. Entre eles figuraban catro referentes patrimoniais do Baixo Mi\u00f1o: a Catedral de Tui, o Convento de Santo Domingo de Tui, o Castro de Santa Trega e o Real Mosteiro de Oia.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso do mosteiro, este reco\u00f1ecemento foi posible grazas ao traballo de investigaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e defensa impulsado por Juan Rey Iglesias, p\u00e1rroco de Santa Mar\u00eda de Oia, cuxa labor resultou decisiva para lograr a protecci\u00f3n oficial do monumento. Noventa e cinco anos despois, esta conmemoraci\u00f3n serve para lembrar a importancia de preservar, estudar e difundir un legado que forma parte da identidade cultural de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Dispo\u00f1ible a VI Memoria de Sostibilidade<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>Coincidindo con esta conmemoraci\u00f3n, o Real Mosteiro de Oia publicou a s\u00faa nova <strong>Memoria de Sostibilidade 2025<\/strong>, un documento que recolle os principais avances do proxecto, as actuaci\u00f3ns desenvolvidas durante o \u00faltimo exercicio e os retos que marcar\u00e1n as pr\u00f3ximas fases de recuperaci\u00f3n e posta en valor do monumento.<\/p>\n\n\n\n<p>A publicaci\u00f3n reflicte o compromiso continuado do Mosteiro coa conservaci\u00f3n patrimonial, a sostibilidade, a investigaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n cultural e a apertura progresiva do conxunto \u00e1 sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p>A VI Memoria de Sostibilidade xa pode consultarse e descargarse aqui: <a href=\"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Memoria-de-Sostibilidade-RMO-2025-GAL.pdf\">https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/Memoria-de-Sostibilidade-RMO-2025-GAL.pdf<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 80 persoas participaron nunha xornada que puxo en valor a historia, o patrimonio e o futuro do monumento. O Real Mosteiro de Santa Mar\u00eda de Oia celebrou este s\u00e1bado unha xornada conmemorativa con motivo do 95 aniversario da s\u00faa declaraci\u00f3n como Ben de Interese Cultural (BIC), unha distinci\u00f3n outorgada mediante o Decreto do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":63008,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_editorskit_title_hidden":false,"_editorskit_reading_time":0,"_editorskit_is_block_options_detached":false,"_editorskit_block_options_position":"{}","_coblocks_attr":"","_coblocks_dimensions":"","_coblocks_responsive_height":"","_coblocks_accordion_ie_support":"","footnotes":""},"categories":[24],"tags":[],"class_list":["post-63010","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/63010"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=63010"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/63010\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":63011,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/63010\/revisions\/63011"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/63008"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=63010"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=63010"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mosteirodeoia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=63010"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}