Información

A visita ao Real Mosteiro de Oia inclúe o acceso parcial a zonas interiores e exteriores do Ben de Interese Cultural, así que che recomendamos que veñas con roupa cómoda.

Convidámosche a vir coa mente aberta. Non estás a visitar un museo, nin un espazo restaurado; senón un mosteiro en ruínas, aínda que estabilizado e desexando poder rehabilitalo.

Esta situación poñerá en máis valor se cabe, as visitas guiadas; grazas ás cales esperamos que poidas coñecer, gozar e namorarche deste recuncho tanto como o estamos nós. 

Trátase dun espazo único e en proceso constante de mantemento, polo que a túa colaboración respectando as normas de seguridade é fundamental.

5€

Adultos

2.5€

Nenos
(8 A 14 anos)

Gratis

Menores
(de 7 anos)

2.5€

Diversos
funcionais