Inclúe a visita á mostra permanente “Os presos do Mosteiro: memoria da guerra civil española”

NORMAS DA VISITA

  • A visita ao Real Mosteiro de Oia inclúe o acceso parcial a zonas interiores e exteriores do Ben de Interese Cultural, así que che recomendamos que veñas con roupa cómoda.
  • Convidámosche a vir coa mente aberta. Non estás a visitar un museo, nin un espazo restaurado; senón un mosteiro en ruínas, aínda que estabilizado e desexando poder rehabilitalo.
  • Esta situación poñerá en máis valor se cabe, as visitas guiadas; grazas ás cales esperamos que poidas coñecer, gozar e namorarche deste recuncho tanto como o estamos nós.
  • Trátase dun espazo único e en proceso constante de mantemento, polo que a túa colaboración respectando as normas de seguridade é fundamental.

Esperamos que poidas coñecer, gozar e namorarche deste espazo tanto como o estamos nós.

Trátase dun espazo único e en proceso constante de mantemento, polo que a túa colaboración respectando as normas de seguridade é fundamental.

Grazas pola túa colaboración e esperamos que goces da visita!

6€

ADULTOS

2.5€

NENOS
(de 7 a 14 anos )

Gratis

MENORES
(de 7 anos)

2.5€

DIVERSOS
FUNCIONAIS

AVISO SOBRE COVID-19
Para que poidas realizar a túa visita con toda tranquilidade adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarache as mesmas antes de empezar a visita. Pedímosche que traias máscara, aínda que as distancias de seguridade están aseguradas. Lembra que a visita ao mosteiro realizase en espazos interiores e exteriores de gran amplitude. O aforo de cada visita está limitado a 24 persoas como máximo.
Lembra: se tes síntomas compatibles co COVID-19 non acudas á visita, trataremos de recolocarche noutra data ou che devolveremos o teu diñeiro.