Seguimos celebrando, como cada ano, a fazaña dos monxes de Oia sucedida o 20 de abril de 1624 que lle valeu ao Mosteiro os títulos de Real e Imperial por parte da monarquía española. Nesta ocasión contaremos co experto Ramón Patiño que nos falará sobre os “Afundimentos na costa de Oia”. Despois os nosos amigos da Sala Viguesa de Esgrima Histórica farannos unha demostración das loitas que levaban a cabo nese mesmo escenario fai centos de anos. Entrada gratuíta

AVISO SOBRE COVID-19
Para que poidas realizar a túa visita con toda tranquilidade adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarache as mesmas antes de empezar a visita. Pedímosche que traias máscara, aínda que as distancias de seguridade están aseguradas. Lembra que a visita ao mosteiro realizase en espazos interiores e exteriores de gran amplitude. O aforo de cada visita está limitado a 24 persoas como máximo.
Lembra: se tes síntomas compatibles co COVID-19 non acudas á visita, trataremos de recolocarche noutra data ou che devolveremos o teu diñeiro.