Visita o Mosteiro con música en directo e unha copa de viño nunha posta de sol única.
- Sábado 4 de xullo: Awen
- Sábado 8 de agosto: Bruce Green
- Sábado 22 de agosto: Rivergood
- Sábado 12 de setembro: El síndrome de Penny Lane
Os solpores son un tipo de evento deseñado para o goce do público adulto.
Prezo: 15€
AVISO SOBRE COVID-19
Para que poidas realizar a túa visita con toda tranquilidade adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarache as mesmas antes de empezar a visita. Pedímosche que traias máscara, aínda que as distancias de seguridade están aseguradas. Lembra que a visita ao mosteiro realizase en espazos interiores e exteriores de gran amplitude. O aforo de cada visita está limitado a 24 persoas como máximo.
Lembra: se tes síntomas compatibles co COVID-19 non acudas á visita, trataremos de recolocarche noutra data ou che devolveremos o teu diñeiro.