Ven a escoitar as nosas interesantes Conversas nun marco incomparable cheo de historia, como é o Mosteiro.
18 de xullo: Paula Conte “O patrimonio como motor de desenvolvemento”  Directora da oficina de Proxectos e Innovación da Fundación Santa María A Real
15 de agosto: José Fariña Tojo “Turismo, urbanismo e idientidade” Profesor Emérito da Universidade Politécnica de Madrid. Catedrático de Urbanística e Ordenación do Territorio. Director de Cadernos de Investigación Urbanística

As conversas son un tipo de evento deseñado para o goce do público adulto.

Prezo: 6€

AVISO SOBRE COVID-19
Para que poidas realizar a túa visita con toda tranquilidade adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarache as mesmas antes de empezar a visita. Pedímosche que traias máscara, aínda que as distancias de seguridade están aseguradas. Lembra que a visita ao mosteiro realizase en espazos interiores e exteriores de gran amplitude. O aforo de cada visita está limitado a 24 persoas como máximo.
Lembra: se tes síntomas compatibles co COVID-19 non acudas á visita, trataremos de recolocarche noutra data ou che devolveremos o teu diñeiro.