Ven a vivir o cine coma nunca antes o fixeras!
Descripción: Disfruta do cine mudo con música en directo. Unha experiencia sin igual da man de CASPERVEK, unha das referencias europeas dos cine- concertos.
- Datas: sábados 12 de outubro, 9 de novembro y 7 de decembro.
- Horario: 17:30h
- Entrada: 8 € / película
Proxeccións:
- Sábado 12 de outubro: As aventuras do Principe Achmed
- Sábado 9 de novembro: A pantasma da ópera, con Beatriz Arenas – soprano internacional-.
- Sábado 7 de decembro: O moderno Sherlock Holmes
AS AVENTURAS DO PRÍNCIPE ACHMED
Sábado 12 de outubro
Con Laura Lorenzo ( flautista principal da Nova Orquestra Nacional de España)
Alemaña, 1926
A primeira película de animación da historia, obra da pioneira cineasta alemá, Lotte Reiniger. Desenvolta cunha particular técnica de figuras recortadas baseada nos teatros de sombras orientais, “As Aventuras do Príncipe Achmed” é un atemporal conto de aventuras baseado en varios dos relatos incluídos en “As Mil e Unha Noites”.
A PANTASMA DA ÓPERA
Sábado 9 de novembro
Con Beatriz Arenas (soprano internacional)
Estados Unidos, 1925
Primeira adaptación ao cinema do clásico de Gaston Leroux. Esta versión protagonizada por Lon Chanley foi a película de maior orzamento da súa época e, tanto a incrible maquillaxe e caracterización do seu protagonista como os seus maxestosos decorados e recreacións da Ópera de París e as Catacumbas inspiraron decenas de producións cinematográficas das décadas posteriores, constituíndo o primeiro arquetipo do terror gótico contemporáneo.
O MODERNO SHERLOCK HOLMES
Sábado 7 de decembro
Estados Unidos, 1924
Falar de Buster Keaton é falar do rei da comedia física. En “O moderno Sherlock Holmes”, Keaton realiza unha aguda parodia das películas e novelas de detectives, xa moi en boga na década dos 20. Supón, como case todas as súas películas, un carrusel de gags e sketches desternillantes e unha proba máis da súa habilidade, non só para o humor, se non tamén para a realización de incribles escenas de risco, que Keaton sempre realizou sen dobres.